Algunhas ligazóns de interese

17 Xullo 2008 22:09 por vic

O mesmo de sempre, que os usuarios, cada vez son máis avanzados, polo que demandan novos recursos. Desta volta algunha ligazón que vos pode resultar de interese.

  • testdevelocidad.es: É unha web na que podes comprobar cal é a velocidade da túa conexión a internet. Podes medir a velocidade máxima á que se descargan os datos hacia o teu ordenador e a velocidade máxima á que se envían desde o teu ordenador hacia internet. É moi útil para saber se a velocidade da que dispoñemos é a mesma ca que nos dice que temos o noso proveedor de acceso a internet, é dicir, a empresa que nos da o servicio (Teléfonica, R, ya.com,…). Para que entendades mellor os datos que vos ofrece direivos que 1Mbps, que é a velocidade mínima que se ofrece co ADSL é o mesmo que 1024 Kbps, que sería a velocidade mínima de baixada que deberíades ter todos os que teñades ADSL. E a velocidade de subida varía moito, pero polo xeral, todos os que teñades ADSL, a velovidade mínima non debería de ser menor de 200-300Kbps. E unha última cousa, cando comprobedes a velocidade que tedes, non podedes estar navegando por internet ao mesmo tempo, porque a medición non sería fiable, porque a navegación estaría consumindo parte da velocidade. Ala, xa podedes mirar se tedes a velocidade correcta ou non. Se a páxina anterior non vos funciona, aquí vos deixo algunha outra na que tamén podes mirar a velocidade que tedes:
  • meneame.net: É o que se chama un agregador de novas. Calquera usuario pode enviar unha nova que é “meneada” polos demais usuarios se é que lles gusta e así vaise creando unha portada coas novas de maior interese para a comunidade. Sería algo parecido a un periódico creado polos propios usuarios.
  • chuza.org: É o mesmo que a anterior, pero para Galicia, é dicir, as novas que se envían están en galego ou fan referencia a Galicia e arredores.
  • 060.es: Páxina do goberno na que podes encontrar información de todo tipo relacionada con calquera administración pública. Por exemplo, podes atopar información para saber o que tes que facer para casarte ou divorciarte, para pedir unha subvención, para pedir a axuda de aluguer de un pisiño, para facer unha denuncia, para saber onde ir ao médico, etc… e moitas outras cousas, o mellor é que lle botes un ollo.
  • turgalicia.es: Páxina con información de turismo por Galicia. Está moi ben e ten todo tipo de información. Se vas a ir de vacacións por Galicia é recomendable botarlle un ollo antes de saír da casa. Podes atopar onde durmir, que ver, que facer, etc…
  • peme.mancomun.org: Recopilación de ferramentas informáticas para a Peme, aínda que tamén están dispoñibles para os usuarios correntes coma nós :) E todas elas son gratuitas e ademáis software libre. Están realmente ben. Mancomún.org é unha iniciativa da Xunta de Galicia na que recollen unha morea de información a cerca do software libre.
  • drae.rae.es: Diccionario da Real Academia Española. Moi útil neses casos que queremos comprobar como se escribe unha palabra ou ver a definición desa palabra que lin e non entendo nin papa.
  • sli.uvigo.es/traductor: Traductor de galego a español e viceversa. Escríbes ou pegas un texto en calquera dos dous idiomas e instantáneamente cho traduce ao idioma elexido. Funciona de marabilla.
  • es.wikipedia.org: Unha das que a min máis me gustan, por ser unha das máis útiles. Seguro que xa todos a visitastedes algunha vez, aínda que fora de rebote vía google. É unha enciclopedia en liña gratuita e con información de case calquera cousa que te poidas imaxinar, ademáis, está dispoñible en prácticamente calquera idioma coñecido.
  • gl.wikipedia.org: O mesmo que a anterior pero en galego. Enciclopedia en galego en liña e gratuita.
  • www.cdlibre.org: Unha moi boa recopilación de programas gratuitos para ser descargados. Podes atopara case calquera cousa que precises e lista para ser descargada e usada no teu ordenador.
  • www.ciudadpintura.com: Unha pinacoteca virtual gratuita. Unha gran recopilación de todo tipo de cuadros agrupados por museos ou por artistas, e todo totalmente gratuito.

E polo de agora pouco máis. Seguramente haxa outras moitas máis páxinas web interesantes que non van no listapo, pero para iso temos ao señor Google. Recorda que o sabe todo, só temos que preguntarllo.

Varios programas e instruccións de instalación (para os máis novatos)

14 Xullo 2008 8:00 por vic

Por aquí por San Sadurniño cada vez hai máis usuarios que deixan de ser novatos e pasan a ser usuarios medios nesto da informática, polo que cada vez queren máis e máis. Preguntan por novos programas, por enderezos de páxinas web, por ese programa que usaron no obradoiro, etc… Polo que aquí vai un pequeno manual de instalación de programas varios para os que aínda seguides a usar Windows :(

Recordade, de forma xeral pódenos interesar instalar un novo programa cando queremos facer algo novo no ordenador e non temos o programa axeitado para facelo. Por exemplo, quero escribir unha carta pero non teño ningún programa que mo permita, entón instalo un programa para escribir textos, o cal se chama procesador de textos e algúns programas poderían ser o Microsoft Office Word, que vale pasta ou a súa versión libre o OpenOffice Writer, moito máis recomendable e que ademáis é gratis e é o que temos na aula de informática e que tamén funciona en Windows. E así teríamos que facer con programas para descargar pelis-música, programas para editar fotos (Picasa), programas para grabar cousas en CDs-DVDs, etc…

É dicir, unha vez que sabemos que quereremos facer algo pero non temos programa axeitado, o primeiro que temos que facer é averiguar o nome de algún programa que cumpra as miñas necesidades. E para isto, por suposto, buscamos no Google ou, como segundo recurso, preguntánmoslle a algún amigo “enteradillo”. Unha vez que xa sabemos cal é ese programa que quremos descargar so temos que ir á súa web e descargalo, no caso que sexa software libre ou de balde. Para ir á súa web é tan sinxelo como preguntarlle a Google (www.google.es), recorda que o sabe todo.

Instalar o programa é moi sinxelo. Só hai que ir seguindo as instruccións que nos van saíndo pola pantalla e dicirlle a todo que si. Se nos decantamos por descargalo de internet estas instruccións xa aparecen automáticamente xusto ao rematar a descarga e se o temos no escritorio ou en algunha outra carpeta basta con facer dobre click nel e comeza a instalación. Unha vez rematado a súa instalación só temos que buscar o programa que acabamos de instalar en Inicio -> Programas ou ás veces directamente no Escritorio.

Ben, pois unha vez explicado o fundamental, imos ver como podemos instalar algún que outro programiña.

  • Mozilla Firefox: a súa función é navegar por Internet, pero ten algunha que outra vantaxe fronte ao Internet Explorer que seguramente sexa o que tedes todos. Desde o meu punto de vista é mellor este que o Explorer e polo tanto, recoméndovos que vos cambiedes a este.Para descargalo vai a esta web: www.mozilla-europe.org e preme onde pon “Descarga gratuita”. Despois de premer aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos, dependendo da velocidade da conexión a internet. O proceso de descarga indícanolo na ventaniña pequena cunha barra que se vai enchendo. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación automáticamente, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos un icono no escritorio do Mozilla Firefox. Xa podemos empezar a navegar por Internet con el.
  • OpenOffice.org: a súa función é crear documentos de texto, presentacións de diapositivas e outras moitas funcións. É o que se chama un programa de ofimática ou para a oficiña. Este é un conxunto de varios programas, polo que despois de instalalo imos a poder facer varias cousas. Este é a alternativa libre e gratuita ao Microsoft Office (Word, Excel, PowerPoint e Access) que seguramente sexa o programa que xa moitos de vos teñades instalado.Para descargalo imos a esta web: es.openoffice.org e prememos en onde pon “Descargalo ahora”. Despois de premer aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos ou horas, dependendo da velocidade da conexión a internet. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos que buscalo en Inicio -> Programas. Xa podemos empezar a escribir documentos de texto ou facer presentacións.
  • Picasa: a súa función é organizar as fotos que temos no ordenador e facer retoques fotográficos sinxelos, como poden ser aumentar o brillo, pasar unha foto a branco e negro, quitar os ollos vermellos, etc… O seu funcionamento é moi sinxelo.Para descargalo imos a esta web: picasa.google.es e preme onde pon “Descargar ahora”. Despois de premer aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos, dependendo da velocidade da conexión a internet. O proceso de descarga indícanolo na ventaniña pequena cunha barra que se vai enchendo. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación automáticamente, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos un icono no escritorio do Picasa. Xa podemos ver as nosas fotos organizadiñas.
  • Google Earth: é un programa co cal se pode voar por todo o mundo e ver calquera cidade, país ou monumento a vista de paxaro ou, en ocasións, ata baixar ata a rúa e ir andando polas súas rúas. Nesta páxina: http://earth.google.es/tour.html podedes obter maís información sobre o programa.Para instalalo, o primeiro que temos que facer é descargalo de internet, e neste caso, como é gratuito o único que temos que facer é ir a esta páxina: earth.google.es e premer en “Aceptar y descargar”. Despois de premer aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos, dependendo da velocidade da conexión a internet. O proceso de descarga indícanolo na ventaniña pequena cunha barra que se vai enchendo. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación automáticamente, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos un icono no escritorio do Google Earth. Xa podemos empezar a voar por todo o mundo con el.
  • eMule: a súa función é a de descargar todo tipo de arquivos de internet (música, películas, documentos, etc…). O seu funcionamento tamén é moi sinxelo, é moi parecido ao Google, é dicir, ábrelo escribes o que queres buscar, aparece unha lista, elixes e comeza a descarga. Pero a descarga pode que tarde ata un ou dous días dependendo de moitas cousas: a velocidade da conexión a internet, o tipo de arquivo ou a vontade do noso señor… é moi variable.Para descargalo imos a esta web: www.emule-project.net e preme onde pon “Descargar”, xusto debaixo de “Instalador 0.49a”. Despois de premer, tarda un bo pedazo e cambia de páxina, pero se tes paciencia, aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos, dependendo da velocidade da conexión a internet. O proceso de descarga indícanolo na ventaniña pequena cunha barra que se vai enchendo. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación automáticamente, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos un icono no escritorio do eMule, unha muliña moi linda. Xa podemos empezar a descargar pelis.Tamén hai outras alternativas a este programa como pode ser este que indican nesta web: Paso uno: enciende el ordenador.
  • Antivirus AVG: un antivirus é algo fundamental en calquera ordenador con Windows, é realmente importante que teñades un instalado e actulizado. Os antivirus, a meirande parte deles, valen diñeiro, pero tamén hai algún que outro gratuito, aínda que teñen algún inconvinte, que só está dispoñible en inglés. Aínda que a verdade é que tampouco é demasiado problema, unha vez instalado faino el soíño todo.Para instalalo imos a esta web: AVG Free Edition e xa debería de comezar a descarga automáticamente, é dicir, aparecerache unha ventaniña pequeniña. Se esto anterior non sucedera, vai a esta outra web http://free.grisoft.com/ww.download?prd=afe e preme onde pon exactamente: “Download AVG Free 8.0 (AVG server)”. Despois de premer aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos ou horas, dependendo da velocidade da conexión a internet. O proceso de descarga indícanolo na ventaniña pequena cunha barra que se vai enchendo. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación automáticamente, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos un icono pequeniño de catro cores abaixo á dereita, xusto ao lado da hora.Pero a primeira vez que executes o antivirus, terás que dicirlle que “Sí” a algunha que outra cousa máis, pero desta volta todo estará en inglés, é dicir, terás que ir premendo nos botóns que poñerán “Next” ata que na última ventá poñerá “Finish” ou “Exit”, non recordo ben, e a partir de aquí xa está todo feito, xa estás protexido contra virus.

E creo que pouco máis que dicir en canto a instalar programas. Agora non se me ocorre nada novo que dicirvos, quizais que tamén hai moita información de todo isto en internet, e como non podería ser doutra maneira, o noso amigo “Google” sabe de todo, só é cuestión de “preguntarlle”.

E pouco máis que dicir. Espero que vos sexan de utilidade e se tedes algunha dúbida, nos comentarios epero poder resolvervola.

Recursos educativos na rede

11 Xullo 2008 14:31 por vic

Moi boas a todos e todas de novo (se é que hai alguén do outro lado) ;) !! Sigo vivo, aínda que esto estea algo parado…

Estes días, coa chegada do bo tempo e vacacións estivais, moita xente me pregunta por xogos ou recursos eductativos para rapaces e rapazas, polo que vou a poñer aquí algunha que outra ligazón que pode resultar de interese. E para que os rapaces e rapazas pasen un verán de medo diante do ordenador, aínda que é mellor que saían a disfrutar da paisaxe… pero se non queda outra, polo menos que o pasen ben, que aprendan e que non den moito a lata ;) :P

  • http://www.lavacaconnie.com/ Para xogar a través da Rede. Non hai que instalar nada no ordenador. Xogos e recursos educativos para rapaces pequeniños. Moi bo, a min é o que máis me gusta de todos, en ocasións ata xogo eu…
  • http://www.coloring.com/ Para xogar a través da Rede. Tampouco fai falta instalar nada de nada. Este non é que sexa educativo, pero para pasar un ratiño está moi ben. É para colorear varios debuxos que están dispoñibles na páxina.
  • http://www.chaval.es/decalogo.jsp Páxina do Ministerio con unha morea de recursos de todo tipo para rapaces e rapazas de todas as idades. Por suposto que todos os xogos son edutativos. Mellor visita a páxina para coñecer a fondo todo o que ofrece.
  • http://www.algobar.com/recursos/ Moitos recursos educativos. Todos para xogar a través de internet sen ter que instalar nadiña.
  • http://gcompris.net/-es- É un programa que hai que instalar no ordenador, pero unha vez instalado hai todo tipo de xogos educativos para rapaces de entre 2 e 10 anos, pero mellor, entra na súa web que alí está todo moito mellor explicado.
  • http://www.tuxpaint.org/?lang=es Este tamén é para ser instalado no ordenador. É para debuxar. Ten unha morea de posibilidades de debuxo. Se ao neno ou nena lle gusta debuxar, estará ocupado/a polo menos durante unha horiña (non creo que exista algo que teña calmado a un/unha rapaz/a máis deste tempo).
  • http://www.cnice.mec.es/profesores/descargas_infantil/ Páxina do Ministerio de Educación con unha morea de xogos, recursos e actividades para rapaces e rapazas. Ten unha pega, son todos para ser descargados e despois instalados no ordenador, e o que é peor… Creo que todos son para Windows :(.

Por suposto que todos son gratuitos, e incluso, algúns deles son software libre. Viva a liberdade!! Son para rapaces, pero se queres, ti que xa es un pouco máis grandiño/a tamén podes xogar un pedaciño… ;)

E seguramente haxa outra boa morea de recursos na web que se escapan do meu coñecemento e que podes compartir con todos nós nos comentarios… Espero o teu comentario.

Entrega de agasallos do San Sadurniño en imaxes na prensa

11 Xuño 2008 14:56 por vic

A entrega de agasallos do San Sadurniño en imaxes sae na prensa. Copy & Paste:

Escogen los mejores trabajos del certamen de fotografías

Entrega de agasallos San Sadurniño en imaxesLos participantes del certamen “San Sadurniño en Imaxes” fueron los encargados de escoger ayer las mejores exposiciones presentadas a este certamen, que se puso en marcha con motivo de la celebración del Día Mundial de Internet y el de las Letras Galegas.

A través de esta iniciativa, en la que colaboran el Concello de San Sadurniño y la Red de Dinamización da Sociedade da Información -organismo dependiente de la Dirección Xeral de Promoción Industrial que busca promover el uso de las nuevas tecnologías en aquellos lugares con mayores carencias-, se busca acercar a todos los vecinos al mundo de la informática y las nuevas tecnologías en general a fin de poder sacar el máximo rendimiento de estas herramientas. Además, de forma paralela a este concurso, se han realizado dos talleres de iniciación a la fotografía digital y de iniciación a la creación de presentaciones -como las premiadas ayer- con el programa OpenOffice Impress. Estos cursos, al igual que los de iniciación a la informática que se realizaron con anterioridad, se impartieron en el aula de informática de la Casa de la Cultura de forma gratuita.

Al concurso se presentaron un total de 13 representaciones con temas tan dispares como las iglesias del término municipal, las mascotas domésticas, la flora del concello, la ruta “do Aceiteiro” o la Marquesa de San Sadurniño, entre otros.

Ayer, a partir de las 19.00 horas, se presentaron al público todos los trabajos y los participantes fueron los encargados de votar por los mejores. Aunque el premio más importante del certamen es haber aprendido a hacer este tipo de presentaciones, a todos los participantes se les hizo entrega de un obsequio -memorias USB, porta CDs, camisetas, bolígrafos…-. Para los tres mejores, en cambio, el regalo consiste en una cena para dos personas.

Cea “fin de curso” en San Sadurniño

18 Maio 2008 21:29 por vic

Cea fin de curso en San Sadurniño (16-maio-2008)¡¡A verdade é que así da gusto dinamizar!! O pasado venres, 16 de maio fomos de cea de “fin de curso” en San Sadurniño e á esquerda podedes ver unha captura da cea. 20 fomos os asistentes, e todos/as eles/elas usuarios da aula de informática da Rede de Dinamización en San Sadurniño, e todos/as eles/elas tamén participantes en obradoiros de iniciación á informátcia, internet e correo electrónico.

Unha delicia que a un o traten así de ben. O dito, así da gusto dinamizar…