Enredando no Centro de Dinamización de Sada

27 Marzo 2009 19:13 por vic

Novo blog dos usuarios e usuarias do Centro de dinamización de Sada

sadaenreda.blogaliza.org é o novo blog no que os usuarios e usuarias do Centro de Dinamizaición de Sada expresan as súas opinións, inquedanzas ou experiencias arredor das actividades que se desenvolven no propio centro ou das súas experiencias persoais.

O blog nace coma unha iniciativa para dar a coñecer aos usuarios e usuarias da Rede en Sada os blogs como nova ferramenta de comunicación, opinión e información en auxe na actualidade. Ademais de fomentar o uso das Novas Tecnoloxías tamén se fomenta a creatividade dos usuarios e usuarias. Asemade, poténciase a xeración de contidos e opinións en galego na Rede.

O blog pretende ser un punto de encontro no que sexan os propios usuarios/as os que xeren os contidos e que opinen sobre o que escriben os sus compañeiros/as. Así mesmo, os dinamizadores de Sada tamén escribirán periodicamente no blog breves artigos sobre os temas que se traten nos obradoiros e diferentes actividades que se leven a cabo no centro coa finalidade de que os usuarios e usuarias poidan ter acceso a esta información en calquera momento e, ao mesmo tempo, poder plantexar dúbidas dun xeito dinámico aos propios dinamizadores.

Na actualidade, o blog leva en funcionamento pouco máis dun mes e xa conta con dez artigos escritos, dos cales tres foron redactados por tres usuarias do Centro de Dinamización de Sada. Así mesmo hai preto de vinte comentarios de outros usuarios da Rede en Sada.

Nota: por vagancia a entrada é un copy/paste da que redactei hai uns días para a propia Rede de dinamización.

A Rede de Dinamización en Código Cero

23 Febreiro 2009 15:44 por vic

Portada número 68 de Código Cero

No último número en papel de Código Cero pódese ler unha ampla reportade da Rede de Dinamización no que se repasa o presente, pasado e futuro da Rede así coma os obxectivos acadados ou as actividades realizadas nos últimos dous anos. Tamén se pode ler unha ampla entrevista a Helena Veiguela, directora da Sociedade da Información. Podes obter unha copia en PDF da revista Código Cero en papel premendo na imaxe ou aquí. A Reportaxe comeza na páxina 15 e pódense ver imaxes de distintas actividades levadas a cabo en algúns dos Centros da Rede de Dinamización en toda Galicia.

Tamé subín unha copia por se os links anteriores non funcionan.

Dispoñibles os vídeos da Rede de dinamización

13 Febreiro 2009 11:38 por vic

Desde hoxe xa están dispoñibles moitos dos vídeos realizados na Rede de dinamización, entre eles algúns vídeos do Memoria de muller. Para ver os vídeos temos que ir á páxina www.galiciaxa.tv, e no menú da esquerda elexir Rede de dinamización. Xusto ao lado aparecerán os vídeos da rede, veredes que están divididos en varias páxinas que para navegar por elas e ter acceso a todos os vídeos só é necesario pinchar nos números que aparecen xusto ao pé do listado. Para ver o vídeo do Memoria de muller de San Sadurniño, que foi no que eu colaborei xunto con Ana, hai que ir á terceira páxina, neste momento é o último de todos.

Cantos bos recordos me trae volver a ver ese vídeo, que con esta, xa o debín ver máis de 10 veces. E a verdade é que foi un gran pracer compartir todas esas historias con esas fantásticas mulleres. Un biquiño para cada unha delas, por se o ledes.

Por certo, agora unha delas ata ten un blog, o seu enderezo é benchevale.blogspot.com, anímovos a que lle botedes unha ollada, que está realmente ben.

O bus da Rede de dinamización

9 Febreiro 2009 16:00 por vic

Bus Rede dinamizaciónO bus informativo da Rede de dinamización que está a percorrer media Galicia está hoxe (09-febreiro-2009) en Lugo na praza nova de Ramón Ferreiro. Se estás por alí achégate, poderás navegar por internet nun sistema operativo totalmente libre e en galego, ademáis de coñecer de cerca a Rede de dinamización a través dos de diferentes vídeos das iniciativas desenvolvidas durante todo este tempo. Ademáis dos dous dinamizadores moi simpáticos que che explicarán dun xeito envidiable todas as posibilidades que ofrece a Rede de dinamización.

E se hoxe non podes ir, aínda terás oportunidade de velo os vindeiros tres días en Ribadeo, Carballedo ou Mondoñedo, consulta o intinerario completo do bus aquí.

En canalriasbaixas.com fixéronlles unha entrevista, para vela preme aquí.

Non o desaproveites, seica regalan un monte de cousas!!

Agasallos e máis agasallos

6 Febreiro 2009 14:02 por vic

Esto de dinamizar, en moitos momentos ten recompensas moi agradables. Xa hai tempo vos ensinaba uns bombóns que en forma de agradecemento algúns usuarios/as nos achegaron á aula ou outro día no que en San Sadurniño estivemos de celebración de cumpreanos. A verdade é que neste sentido non podemos estar máis que agradecidos, son innumerables os agasallos que nos traen, coma por exemplo, desta volta, este fantástico chourizón caseiro:

Este foi o último, pero a cantidade de agasallos que me/nos fixeron ata o momento é inmensa a pesar de que insistimos en que non fai falta, que é o noso traballo e todo iso. Incluso algúns usuarios/as nos queren pagar ou que vaiamos á súa casa a ensinarlles para o que tamén nos pagarían. No fondo, eses agasallos ou peticións en forma de agradecemento suben o ego de calquera e fan que realmente sintas que estás a facer as cousas ben. Vamos, que estou encantado cos agasallos… :D

Algúns dos agasallos que nos/me trouxeron ata o de agora: todo tipo de bombóns, mazás da súa propia horta, unha botella de whisky, sí leiche ben, whisky, unha tarta caseira de améndoas, rosquillas caseiras, un chourizón, croquetas, unha carteira e un boli deses molóns e ata unha usuaria que pinta por afección me vai a pintar unha copia do Guernica. E seguro que me olvido de algún que outro agasallo… Así da gusto, oes!!

Seguramente sexa por cousas coma estas que din que os/as galegos/as somos tan agradecidos/as, hospitalarios/as, cercanos/as, abertos/as, sempre estamos dispostos a botar unha man ou outras moitas bondades desta terra.