A Rede de Dinamización en Código Cero

23 Febreiro 2009 15:44 por vic

Portada número 68 de Código Cero

No último número en papel de Código Cero pódese ler unha ampla reportade da Rede de Dinamización no que se repasa o presente, pasado e futuro da Rede así coma os obxectivos acadados ou as actividades realizadas nos últimos dous anos. Tamén se pode ler unha ampla entrevista a Helena Veiguela, directora da Sociedade da Información. Podes obter unha copia en PDF da revista Código Cero en papel premendo na imaxe ou aquí. A Reportaxe comeza na páxina 15 e pódense ver imaxes de distintas actividades levadas a cabo en algúns dos Centros da Rede de Dinamización en toda Galicia.

Tamé subín unha copia por se os links anteriores non funcionan.

  1. 5 comentarios en “A Rede de Dinamización en Código Cero”

  2. Xan de Alderaan | 26 Marzo 2009 12:17

    Que lle pasou a este blog, coa continuidade da que estaba facendo gala, queremos mais novas, que alguns temos interese en esto.

  3. vic | 27 Marzo 2009 19:03

    Anda, alguén que lee esto!! Pensei que só entraba eu ;)

    A verdade é que nunca lle adiquei demasiado tempo a este blog, pero agora aínda menos porque creamos un novo blog para a aula de Sada e alí escribo o pouco que non escribo aquí, pero xa que entra alguén tentarei manter as miñas actualizacións tan periódicas de 2-3 entradas mensuais, e que mellor que comezar agora presentando o novo blog de Sada… :)

  4. chelo | 8 Agosto 2009 15:05

    Xa vedes eu tamen miro este blog, ou sexa fisgoneo, en todo o que sae, e a maneira mais axeitada de pasalo tempo sen ser chusma dos veciños

  5. mari carmen | 12 Outubro 2009 21:43

    como ves eu tamen din co codigo cero
    espero aixa mais persoas que o vexan
    eu aputome

  6. maria | 31 Outubro 2009 22:07

    amin gustariame ter facilida de expresion
    para escribir nun bloge ,pero co que pos ti xame chega gustame leelo
    mari carmen

O teu comentario