Algunhas ligazóns de interese
17 Xullo 2008 22:09 por vicO mesmo de sempre, que os usuarios, cada vez son máis avanzados, polo que demandan novos recursos. Desta volta algunha ligazón que vos pode resultar de interese.
- testdevelocidad.es: É unha web na que podes comprobar cal é a velocidade da túa conexión a internet. Podes medir a velocidade máxima á que se descargan os datos hacia o teu ordenador e a velocidade máxima á que se envían desde o teu ordenador hacia internet. É moi útil para saber se a velocidade da que dispoñemos é a mesma ca que nos dice que temos o noso proveedor de acceso a internet, é dicir, a empresa que nos da o servicio (Teléfonica, R, ya.com,…). Para que entendades mellor os datos que vos ofrece direivos que 1Mbps, que é a velocidade mínima que se ofrece co ADSL é o mesmo que 1024 Kbps, que sería a velocidade mínima de baixada que deberíades ter todos os que teñades ADSL. E a velocidade de subida varía moito, pero polo xeral, todos os que teñades ADSL, a velovidade mínima non debería de ser menor de 200-300Kbps. E unha última cousa, cando comprobedes a velocidade que tedes, non podedes estar navegando por internet ao mesmo tempo, porque a medición non sería fiable, porque a navegación estaría consumindo parte da velocidade. Ala, xa podedes mirar se tedes a velocidade correcta ou non. Se a páxina anterior non vos funciona, aquí vos deixo algunha outra na que tamén podes mirar a velocidade que tedes:
- meneame.net: É o que se chama un agregador de novas. Calquera usuario pode enviar unha nova que é “meneada” polos demais usuarios se é que lles gusta e así vaise creando unha portada coas novas de maior interese para a comunidade. Sería algo parecido a un periódico creado polos propios usuarios.
- chuza.org: É o mesmo que a anterior, pero para Galicia, é dicir, as novas que se envían están en galego ou fan referencia a Galicia e arredores.
- 060.es: Páxina do goberno na que podes encontrar información de todo tipo relacionada con calquera administración pública. Por exemplo, podes atopar información para saber o que tes que facer para casarte ou divorciarte, para pedir unha subvención, para pedir a axuda de aluguer de un pisiño, para facer unha denuncia, para saber onde ir ao médico, etc… e moitas outras cousas, o mellor é que lle botes un ollo.
- turgalicia.es: Páxina con información de turismo por Galicia. Está moi ben e ten todo tipo de información. Se vas a ir de vacacións por Galicia é recomendable botarlle un ollo antes de saír da casa. Podes atopar onde durmir, que ver, que facer, etc…
- peme.mancomun.org: Recopilación de ferramentas informáticas para a Peme, aínda que tamén están dispoñibles para os usuarios correntes coma nós
E todas elas son gratuitas e ademáis software libre. Están realmente ben. Mancomún.org é unha iniciativa da Xunta de Galicia na que recollen unha morea de información a cerca do software libre.
- drae.rae.es: Diccionario da Real Academia Española. Moi útil neses casos que queremos comprobar como se escribe unha palabra ou ver a definición desa palabra que lin e non entendo nin papa.
- www.edu.xunta.es/diccionarios: O mesmo que o anterior pero para o idioma galego.
- sli.uvigo.es/traductor: Traductor de galego a español e viceversa. Escríbes ou pegas un texto en calquera dos dous idiomas e instantáneamente cho traduce ao idioma elexido. Funciona de marabilla.
- es.wikipedia.org: Unha das que a min máis me gustan, por ser unha das máis útiles. Seguro que xa todos a visitastedes algunha vez, aínda que fora de rebote vía google. É unha enciclopedia en liña gratuita e con información de case calquera cousa que te poidas imaxinar, ademáis, está dispoñible en prácticamente calquera idioma coñecido.
- gl.wikipedia.org: O mesmo que a anterior pero en galego. Enciclopedia en galego en liña e gratuita.
- www.cdlibre.org: Unha moi boa recopilación de programas gratuitos para ser descargados. Podes atopara case calquera cousa que precises e lista para ser descargada e usada no teu ordenador.
- www.ciudadpintura.com: Unha pinacoteca virtual gratuita. Unha gran recopilación de todo tipo de cuadros agrupados por museos ou por artistas, e todo totalmente gratuito.
E polo de agora pouco máis. Seguramente haxa outras moitas máis páxinas web interesantes que non van no listapo, pero para iso temos ao señor Google. Recorda que o sabe todo, só temos que preguntarllo.



