Charla achegamento ao software libre en Sada

19 Novembro 2008 17:01 por vic

Este vindeiro venres 21 de novembro, celebrarase en Sada no Centro de Dinamización da Sociedade da Información sito na Avda. de A Coruña 7, baixo unha charla de achegamento ao software libre. Estará impartida por min (Víctor González), un dos dinamizadores da Sociedade da Información da propia aula. Comezará as 19.00 e a súa duración será de aproximadamente 1 hora.

A charla está dirixida a todas as persoas que queiran achegarse por primeira vez ao software libre e coñecer un pouco máis todo o que nos ofrece. Utilizarase termos e linguaxe non técnicos coa finalidade de que resulte amena e útil a todos os asistentes. Así mesmo, ao finalizar a charla, todos/as os/as interesados/as poderán ter un contacto de primeira man co software libre nos equipos do propio Centre de Dinamización da SI.

O contido da charla é o que segue:

  • Que é o software libre?
  • Un pouco de historia e a súa filosofía para entendelo mellor.
  • Por que usar software libre.
  • Liberdades do software libre.
  • Licenzas libres.
  • Ubuntu coma unha alternativa real.
  • Suite ofimática OpenOffice.org, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird e outros programas libres…

Todos/as aqueles/as que estean interesados só teñen que achegarse á aula o propio día da charla. Por suposto que a entrada é de balde.

O teu comentario