Dispoñibles os vídeos da Rede de dinamización
13 Febreiro 2009 11:38 por vicDesde hoxe xa están dispoñibles moitos dos vídeos realizados na Rede de dinamización, entre eles algúns vídeos do Memoria de muller. Para ver os vídeos temos que ir á páxina www.galiciaxa.tv, e no menú da esquerda elexir Rede de dinamización. Xusto ao lado aparecerán os vídeos da rede, veredes que están divididos en varias páxinas que para navegar por elas e ter acceso a todos os vídeos só é necesario pinchar nos números que aparecen xusto ao pé do listado. Para ver o vídeo do Memoria de muller de San Sadurniño, que foi no que eu colaborei xunto con Ana, hai que ir á terceira páxina, neste momento é o último de todos.
Cantos bos recordos me trae volver a ver ese vídeo, que con esta, xa o debín ver máis de 10 veces. E a verdade é que foi un gran pracer compartir todas esas historias con esas fantásticas mulleres. Un biquiño para cada unha delas, por se o ledes.
Por certo, agora unha delas ata ten un blog, o seu enderezo é benchevale.blogspot.com, anímovos a que lle botedes unha ollada, que está realmente ben.



