Enredando no Centro de Dinamización de Sada

27 Marzo 2009 19:13 por vic

Novo blog dos usuarios e usuarias do Centro de dinamización de Sada

sadaenreda.blogaliza.org é o novo blog no que os usuarios e usuarias do Centro de Dinamizaición de Sada expresan as súas opinións, inquedanzas ou experiencias arredor das actividades que se desenvolven no propio centro ou das súas experiencias persoais.

O blog nace coma unha iniciativa para dar a coñecer aos usuarios e usuarias da Rede en Sada os blogs como nova ferramenta de comunicación, opinión e información en auxe na actualidade. Ademais de fomentar o uso das Novas Tecnoloxías tamén se fomenta a creatividade dos usuarios e usuarias. Asemade, poténciase a xeración de contidos e opinións en galego na Rede.

O blog pretende ser un punto de encontro no que sexan os propios usuarios/as os que xeren os contidos e que opinen sobre o que escriben os sus compañeiros/as. Así mesmo, os dinamizadores de Sada tamén escribirán periodicamente no blog breves artigos sobre os temas que se traten nos obradoiros e diferentes actividades que se leven a cabo no centro coa finalidade de que os usuarios e usuarias poidan ter acceso a esta información en calquera momento e, ao mesmo tempo, poder plantexar dúbidas dun xeito dinámico aos propios dinamizadores.

Na actualidade, o blog leva en funcionamento pouco máis dun mes e xa conta con dez artigos escritos, dos cales tres foron redactados por tres usuarias do Centro de Dinamización de Sada. Así mesmo hai preto de vinte comentarios de outros usuarios da Rede en Sada.

Nota: por vagancia a entrada é un copy/paste da que redactei hai uns días para a propia Rede de dinamización.

O teu comentario