Enrédate en Castrelo de Miño
6 Xaneiro 2009 22:23 por vicEnrédate é unha iniciativa desenvolvida pola nosa compañeira Palmira no concello de Castrelo de Miño. A través dunha colaboración na radio local, Palmira difunde as novas tecnoloxías, as actividades que desenvolve na súa aula ao mesmo tempo que nos instrúe maxistralmente no mundo de internet. De verdade que merece a pena que a escoitedes.
Podcast na web de Castrelo de Miño, sección Enrédate.
Para suscribirse ao RSS do Podcast nesta web (abaixo á dereita). Eu xa estou suscrito e á espera de novas emisións que espero volvan pronto.



