Inaugurando
7 Febreiro 2008 10:45 por vicNon, non hai pinchiños, nin empanada, aínda que se alguén se apunta imos de tapas… Xa en serio. Moi boas a todos e todas. Benvidos/as ao novo blog dun deses dinamizadores da Sociedade da Información. Esto de inaugurar o blog non se me da nada ben, porque non sei moi ben que di un para presentarse… Podo empezar por dicir quen son, Víctor, un dinamizador da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, un gran proxecto da Xunta de Galicia, sí, un pouco de peloteo para comezar con bo pe
.
Outro cambio máis en galiciadinamiza.net, empezou sendo un simple foro, aínda que pretendía ser moito máis, aló polo final da etapa de formación en Lugo, a un que sempre lle gustou esto de internet e a programación tiña aloucadas ideas de facer disto un espacio de colaboración onde todos poder participar, logo a idea menguou pouco a pouco e todo quedou no foro. Dende hai uns días agrageille o wiki, un espacio colaborativo onde compartir ideas e proxectos, e desde hoxe convértese nun blog, lugar aberto a experiencias e opinións. Espero adicarlle o tempo que se merece e que pouco a pouco algún de vós con ganas de opinar comeze a participar. Recorda que a parte do blog, o foro e o wiki seguen dispoñibles e seguirán moito tempo nas ligazóns da parte superior da páxina.
Que por que creo esto? Porque sí, porque me gusta escribir, porque me gusta opinar, porque me gusta Internet, porque me gusta a blogosfera e máis concretamente o blogomillo, porque me gusta dinamizar, porque quero compartir as miñas experiencias con outros/as aos que lles poden ser útiles e máis resumido, porque me apetece… A verdade é que non sei canto tempo lle vou a poder adicar a esto, porque xa non teño moito tempo para o meu blog persoal e vou e creo outro.
E pouco máis, que espero verte de novo por aquí compartindo, opinando ou colaborando, porque o blog está aberto a colaboracións. Sí, ti que es dinamizadora ou dinamizador da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e tes algo que dicir, ou tes algo que compartir só tes que poñerte en contacto conmigo (victor[arroba]galiciadinamiza.net) e poderás empezar a colaborar.




Un comentario en “Inaugurando”
vic | 7 Febreiro 2008 9:02
Probando a escribir un comentario para ver o bonitiño que queda