Materiais de formación do Ministerio de Educación
5 Xaneiro 2009 10:33 por vicDe casualidade descubro esta web:
Formación en red: Materiales de formación
que pertence ao Ministerio de Educación e onde se poden obter de xeito gratuito materiais que creo poden ser moi interesantes para a dinamización. Só teñen un pequeno-gran inconvinte, as descargas son en formato de imaxe ISO, é dicir, é un formato para ser gravado en CD antes de ser usado. Aínda que existen outras alternativas sen ter que gravalo como é a opción de montalo coma unha unidade de CD, o cal o Ubuntu o permite simplemente premendo co botón dereito enriba do arquivo descargado “Abrir con” -> “Montador de archivos” e xa podemos ter acceso ao seu contido sen ter que gravalo. Sen embargo, penso que o máis convinte é gravalo para así poder disfrutar del.
Outro inconvinte que creo que teñen é que están orientados a plataformas Windows e que as versións dos programas coas que traballan son un pouco obsoletas aínda que todas son software libre, pero a pesar de todos estes inconvintes, creo que teñen moi boa pinta. Podemos atopar cursos coma:
- Iniciación á informática.
- Procesador de textos.
- Follas de cálculo.
- Debuxo vectorial con Draw.
- Deseño de presentacións con Impress.
- Iniciación a Linux.
Pero o mellor é que visitedes a web á que me refería e vexades vos mesmos todos os cursos dispoñibles.



