Memoria de muller
21 Xullo 2009 14:15 por vicE moito tempo despois retomo a actividade do blog para presentarvos o seguinte. Non garantizo continuidade…
Memoria de muller é un proxecto da Rede de dinamización a través do cal se pretende o achegamento de mulleres maiores de 50 anos ás tecnoloxías da información e comunicación. Preto de 100 mulleres de toda Galicia achégannos os seus recordos a través dun vídeo feito por elas mesmas, podendo así recordar a nosa memoria máis recente a través de cada unha das súas historias. Cada unha delas escribiu a súa historia, recolleu fotografías para documentala, gravou a súa voz, escolleu a música para ambientala e xuntou todo, conseguindo cada un dos vídeos que podedes atopar na web.
Para ver cada un dos vídeos só tedes que visitar a web www.memoriademuller.eu, e alí navegar por cada unha das poblacións nas que se desenvolveu a iniciativa e mirar os seus vídeos. Eu (Víctor) tiven a sorte de colaborar nos vídeos que fixeron en San Sadurniño, e a modo de exemplo, póño aquí debaixo os vídeos que alí fixemos:
- Os anos da guerra, por María Romero Castrillón.
- Rebuscando nun baúl, por Consuelo Picos Picos.
- Recordos dunha nena, por Eva Blanco García.
- O mellor agasallo da avoa, por Fina Casal Sanesteban.
- Así se fixo, onde se pode ver como foi o proceso no que se fixeron os vídeos.
Espero que vos gusten!
Agora mesmo, en Sada estamos a facer algo moi parecico a este proxecto, que se chama Memoria dos oficios, no que 7 veciños de Sada recordan a través dun vídeo un oficio tradicional, próximamente presentarémosvos os vídeos.




