O bus da Rede de dinamización

9 Febreiro 2009 16:00 por vic

Bus Rede dinamizaciónO bus informativo da Rede de dinamización que está a percorrer media Galicia está hoxe (09-febreiro-2009) en Lugo na praza nova de Ramón Ferreiro. Se estás por alí achégate, poderás navegar por internet nun sistema operativo totalmente libre e en galego, ademáis de coñecer de cerca a Rede de dinamización a través dos de diferentes vídeos das iniciativas desenvolvidas durante todo este tempo. Ademáis dos dous dinamizadores moi simpáticos que che explicarán dun xeito envidiable todas as posibilidades que ofrece a Rede de dinamización.

E se hoxe non podes ir, aínda terás oportunidade de velo os vindeiros tres días en Ribadeo, Carballedo ou Mondoñedo, consulta o intinerario completo do bus aquí.

En canalriasbaixas.com fixéronlles unha entrevista, para vela preme aquí.

Non o desaproveites, seica regalan un monte de cousas!!

  1. 2 comentarios en “O bus da Rede de dinamización”

  2. yayo | 17 Novembro 2009 22:51

    eque foi de este autobus? ao desguace? e a xente que traballaba nel ? ao paro?…interesante…porque non o comentas? ah claro xa é auga pasada non?…perdoa

  3. vic | 24 Novembro 2009 1:21

    Ola yayo!!

    A verdade é que non teño nin idea de que foi dese autobús. Si, seguramente houbera sitios mellores onde gastar eses cartos, pero penso que non foi a ningún desguace…

    No pasado traballei en algún que outro proxecto que tamén utilizaban autobuses promocionais que ían por media España. Hai empresas que se adican a “tunear” autobuses antiguos que xa non cumplen coa función que lles encomendaron e agora andan por aí de aulas informáticas móbiles ou cousas parecidas…

    Vin moitos deses buses e para que vaian ao desguace moi mal che teñen que estar…

    Saúdos!

O teu comentario