Charla achegamento ao software libre en Sada

19 Novembro 2008 17:01 por vic

Este vindeiro venres 21 de novembro, celebrarase en Sada no Centro de Dinamización da Sociedade da Información sito na Avda. de A Coruña 7, baixo unha charla de achegamento ao software libre. Estará impartida por min (Víctor González), un dos dinamizadores da Sociedade da Información da propia aula. Comezará as 19.00 e a súa duración será de aproximadamente 1 hora.

A charla está dirixida a todas as persoas que queiran achegarse por primeira vez ao software libre e coñecer un pouco máis todo o que nos ofrece. Utilizarase termos e linguaxe non técnicos coa finalidade de que resulte amena e útil a todos os asistentes. Así mesmo, ao finalizar a charla, todos/as os/as interesados/as poderán ter un contacto de primeira man co software libre nos equipos do propio Centre de Dinamización da SI.

O contido da charla é o que segue:

  • Que é o software libre?
  • Un pouco de historia e a súa filosofía para entendelo mellor.
  • Por que usar software libre.
  • Liberdades do software libre.
  • Licenzas libres.
  • Ubuntu coma unha alternativa real.
  • Suite ofimática OpenOffice.org, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird e outros programas libres…

Todos/as aqueles/as que estean interesados só teñen que achegarse á aula o propio día da charla. Por suposto que a entrada é de balde.

“Memoria de muller” no concello de Chantada na TVG

17 Outubro 2008 10:33 por vic

O pasado domingo, 12 de outubro, emitiuse no programa A Revista fin de semana da TVG a reportaxe que podedes ver no vídeo de arriba (tamén se pode ver na web da TVG). Memoria de muller é un proxecto da Rede de Dinamización que pretende achegar ás mulleres ás novas tecnoloxías ao mesmo tempo que recuperan a memoria histórica, social, persoal ou cultural do seu concello. Cada unha destas mulleres é a protagonista do seu propio vídeo no que a través de unha historia escrita por elas mesmas, imaxes seleccionadas e escaneadas por elas mesmas, a posterior narración da historia feita por elas mesmas e finalmente, a edición dun vídeo con todo isto feito tamén por elas mesmas. Notaredes que remarquei especialmente o feito por elas mesmas, porque, no fondo, eso é o máis importante deste proxecto, elas mesmas.

O proxecto estase a realizar en multitude de Concellos galegos nos que ten presencia a Rede de Dinamización, e entre eles Chantada, que é o do vídeo que nos ocupa. Os vídeos finais aínda non están dispoñibles na rede, aínda que moitos deles xa están rematados. Non están na rede porque se está a crear unha web propia na que queden recollidos todos os vídeos que xa vos contarei no seu momento.

Persoalmente, eu tamén tiven a sorte de participar xunto con Ana na creación dun destes vídeos no concello de San Sadurniño, e foi unha das experiencias máis gratificantes e enriquecedoras que levei a cabo como dinamizador. O trato diario coas catro protagonistas foi algo excepcional. Día a día xurdiron anécdotas que acabaron en amizade e nun intercambio de correos e mensaxería instantánea xa que tiven que ir a dinamizar a outro concello. Porque a labor de dinamización non debe quedarse só nun traspaso de coñecementos alumno-profesor.

Fidelizando usuarios

9 Setembro 2008 8:00 por vic

Hai como catro-cinco meses que teño esta entrada na cola de pendentes, pero hoxe, por fin me decidín a rematalo.

Unha das cousas máis complicadas -dende o meu punto de vista- como dinamizador/a da Sociedade da Información é conseguir que os usuarios/as unha vez rematado o obradoiro de iniciación ou calquera outro obradoiro continúen asistindo á aula e que continúen practicando. Moitos deles -bastante máis da metade, diría eu- unha vez rematado deixan de practicar, dan o obradoiro como rematado e polo tanto xa rematou “ese compromiso” que tiñan de asistencia diaria polo que deixan a un lado a informática. E como ben sabemos todos/as, o máis importante é practicar. Ben certo é que non se pode xeralizar con nada, e neste tema non ía ser menos…

Ben, pois tendo en conta isto e para tentar fidelizar eses usuarios e que sigan a vir á aula, creei unha serie de exercicios que sempre lle entrego aos usuarios unha vez rematados os típicos obradoiros de iniciación á informática, internet e correo electrónico. Por suposto que os exercicios son opcionais, pero ao final, unha boa parte dos usuarios/as acaban por facelos. Ademais, tamén os deixo aquí por se algún día preciso da súa descarga.

Os exercicios son os que seguen:

Iniciación á informática:

  • Exercicios 1 e 2: Redactar un texto e darlle formato. [PDF] ou [ODT].
  • Exercicios 3 e 4: Traballo con fiestras e cartafoles. [PDF] ou [ODT].
  • Exercicios 5 e 6: Traballo con cartafoles: [PDF] ou [ODT].

Iniciación á internet:

  • Exercicios 1 e 2: Comparar prezos no supermercado e buscar información en internet. [PDF] ou [ODT].
  • Exercicios 3 e 4: Gardar imaxes de internet e escribir un texto con información obtida de internet. [PDF] ou [ODT].
  • Exercicios 3 e 4: Gardar imaxes de internet e escribir un texto con información obtida de internet. [PDF] ou [ODT]. *Modificados para que sexan máis sinxelos.

Ligazóns de interese: [PDF] ou [ODT].

Mensaxería instantánea:

  • Exercicio 1: Practica coa mensaxería instantánea. [PDF] ou [ODT].

Practica co editor de textos: [PDF] ou [ODT].

Practica co teclado: [PDF] ou [ODT].

A parte destes exercicios, no obradoiro de iniciación ao correo electrónico, tento intercambiar semanalmente correos cos participantes para que sigan a practicar. Por suposto, contesto todos os correos que eles me envían, non só para que practiquen, senón que ao final acabas tendo unha relación afectiva con eles/as. Tento enviarlles periódicamente os típicos correos graciosos que todos recibimos, iso si, tento facer unha selección para non enviar calquera cousa.

Penso que ao final, con estas sinxelas costumes, vanse achegando pouco a pouco ás novas tecnoloxías e acábanas introducindo na súa vida cotiá. E ti, que fas para fomentar o que os usuarios/as sigan a practicar?

PD: A licencia de uso dos documentos é a mesma que a do blog, polo que podes facer con eles o que queiras :) .

Novo centro de dinamización da Sociedade da Información en Sada

8 Setembro 2008 14:47 por vic

Centro de dinamización da Sociedade da Información

Fai uns días inaugurouse en Sada o novo Centro de dinamización da Sociedade da Información, o primeiro de toda Galicia coas súas características e pertencente íntegramente á Rede de dinamización. Este será o meu lugar de traballo nos vindeiros meses, e como podedes comprobar, non ten mala pinta. Así resumido pódovos contar que tenemos: 9 ordenadores, 1 servidor e un portatil, todos con Ubuntu, conexión wifi, internet con R a 9Mbps/1Mbps reais, impresora B/N, impresora a cor, escáner, proxector, cámara dixital e ata temos aire acondicionado e alarma… Vamos, que non escatimaron en gastos. A verdade é que así da gusto traballar. O dito, que a partir de agora, difundiremos o software libre dende a nova aula. Esperamos as vosas visitas.

Por se alguén quere ver máis fotos, no meu perfil de flickr momentos da inauguración.

Algunhas ligazóns de interese

17 Xullo 2008 22:09 por vic

O mesmo de sempre, que os usuarios, cada vez son máis avanzados, polo que demandan novos recursos. Desta volta algunha ligazón que vos pode resultar de interese.

  • testdevelocidad.es: É unha web na que podes comprobar cal é a velocidade da túa conexión a internet. Podes medir a velocidade máxima á que se descargan os datos hacia o teu ordenador e a velocidade máxima á que se envían desde o teu ordenador hacia internet. É moi útil para saber se a velocidade da que dispoñemos é a mesma ca que nos dice que temos o noso proveedor de acceso a internet, é dicir, a empresa que nos da o servicio (Teléfonica, R, ya.com,…). Para que entendades mellor os datos que vos ofrece direivos que 1Mbps, que é a velocidade mínima que se ofrece co ADSL é o mesmo que 1024 Kbps, que sería a velocidade mínima de baixada que deberíades ter todos os que teñades ADSL. E a velocidade de subida varía moito, pero polo xeral, todos os que teñades ADSL, a velovidade mínima non debería de ser menor de 200-300Kbps. E unha última cousa, cando comprobedes a velocidade que tedes, non podedes estar navegando por internet ao mesmo tempo, porque a medición non sería fiable, porque a navegación estaría consumindo parte da velocidade. Ala, xa podedes mirar se tedes a velocidade correcta ou non. Se a páxina anterior non vos funciona, aquí vos deixo algunha outra na que tamén podes mirar a velocidade que tedes:
  • meneame.net: É o que se chama un agregador de novas. Calquera usuario pode enviar unha nova que é “meneada” polos demais usuarios se é que lles gusta e así vaise creando unha portada coas novas de maior interese para a comunidade. Sería algo parecido a un periódico creado polos propios usuarios.
  • chuza.org: É o mesmo que a anterior, pero para Galicia, é dicir, as novas que se envían están en galego ou fan referencia a Galicia e arredores.
  • 060.es: Páxina do goberno na que podes encontrar información de todo tipo relacionada con calquera administración pública. Por exemplo, podes atopar información para saber o que tes que facer para casarte ou divorciarte, para pedir unha subvención, para pedir a axuda de aluguer de un pisiño, para facer unha denuncia, para saber onde ir ao médico, etc… e moitas outras cousas, o mellor é que lle botes un ollo.
  • turgalicia.es: Páxina con información de turismo por Galicia. Está moi ben e ten todo tipo de información. Se vas a ir de vacacións por Galicia é recomendable botarlle un ollo antes de saír da casa. Podes atopar onde durmir, que ver, que facer, etc…
  • peme.mancomun.org: Recopilación de ferramentas informáticas para a Peme, aínda que tamén están dispoñibles para os usuarios correntes coma nós :) E todas elas son gratuitas e ademáis software libre. Están realmente ben. Mancomún.org é unha iniciativa da Xunta de Galicia na que recollen unha morea de información a cerca do software libre.
  • drae.rae.es: Diccionario da Real Academia Española. Moi útil neses casos que queremos comprobar como se escribe unha palabra ou ver a definición desa palabra que lin e non entendo nin papa.
  • sli.uvigo.es/traductor: Traductor de galego a español e viceversa. Escríbes ou pegas un texto en calquera dos dous idiomas e instantáneamente cho traduce ao idioma elexido. Funciona de marabilla.
  • es.wikipedia.org: Unha das que a min máis me gustan, por ser unha das máis útiles. Seguro que xa todos a visitastedes algunha vez, aínda que fora de rebote vía google. É unha enciclopedia en liña gratuita e con información de case calquera cousa que te poidas imaxinar, ademáis, está dispoñible en prácticamente calquera idioma coñecido.
  • gl.wikipedia.org: O mesmo que a anterior pero en galego. Enciclopedia en galego en liña e gratuita.
  • www.cdlibre.org: Unha moi boa recopilación de programas gratuitos para ser descargados. Podes atopara case calquera cousa que precises e lista para ser descargada e usada no teu ordenador.
  • www.ciudadpintura.com: Unha pinacoteca virtual gratuita. Unha gran recopilación de todo tipo de cuadros agrupados por museos ou por artistas, e todo totalmente gratuito.

E polo de agora pouco máis. Seguramente haxa outras moitas máis páxinas web interesantes que non van no listapo, pero para iso temos ao señor Google. Recorda que o sabe todo, só temos que preguntarllo.