Recursos educativos na rede
11 Xullo 2008 14:31 por vicMoi boas a todos e todas de novo (se é que hai alguén do outro lado)
!! Sigo vivo, aínda que esto estea algo parado…
Estes días, coa chegada do bo tempo e vacacións estivais, moita xente me pregunta por xogos ou recursos eductativos para rapaces e rapazas, polo que vou a poñer aquí algunha que outra ligazón que pode resultar de interese. E para que os rapaces e rapazas pasen un verán de medo diante do ordenador, aínda que é mellor que saían a disfrutar da paisaxe… pero se non queda outra, polo menos que o pasen ben, que aprendan e que non den moito a lata
- http://www.lavacaconnie.com/ Para xogar a través da Rede. Non hai que instalar nada no ordenador. Xogos e recursos educativos para rapaces pequeniños. Moi bo, a min é o que máis me gusta de todos, en ocasións ata xogo eu…
- http://www.coloring.com/ Para xogar a través da Rede. Tampouco fai falta instalar nada de nada. Este non é que sexa educativo, pero para pasar un ratiño está moi ben. É para colorear varios debuxos que están dispoñibles na páxina.
- http://www.chaval.es/decalogo.jsp Páxina do Ministerio con unha morea de recursos de todo tipo para rapaces e rapazas de todas as idades. Por suposto que todos os xogos son edutativos. Mellor visita a páxina para coñecer a fondo todo o que ofrece.
- http://www.algobar.com/recursos/ Moitos recursos educativos. Todos para xogar a través de internet sen ter que instalar nadiña.
- http://gcompris.net/-es- É un programa que hai que instalar no ordenador, pero unha vez instalado hai todo tipo de xogos educativos para rapaces de entre 2 e 10 anos, pero mellor, entra na súa web que alí está todo moito mellor explicado.
- http://www.tuxpaint.org/?lang=es Este tamén é para ser instalado no ordenador. É para debuxar. Ten unha morea de posibilidades de debuxo. Se ao neno ou nena lle gusta debuxar, estará ocupado/a polo menos durante unha horiña (non creo que exista algo que teña calmado a un/unha rapaz/a máis deste tempo).
- http://www.cnice.mec.es/profesores/descargas_infantil/ Páxina do Ministerio de Educación con unha morea de xogos, recursos e actividades para rapaces e rapazas. Ten unha pega, son todos para ser descargados e despois instalados no ordenador, e o que é peor… Creo que todos son para Windows :(.
Por suposto que todos son gratuitos, e incluso, algúns deles son software libre. Viva a liberdade!! Son para rapaces, pero se queres, ti que xa es un pouco máis grandiño/a tamén podes xogar un pedaciño…
E seguramente haxa outra boa morea de recursos na web que se escapan do meu coñecemento e que podes compartir con todos nós nos comentarios… Espero o teu comentario.



