galiciadinamiza.net » programas

Varios programas e instruccións de instalación (para os máis novatos)
Por aquí por San Sadurniño cada vez hai máis usuarios que deixan de ser novatos e pasan a ser usuarios medios nesto da informática, polo que cada vez queren máis e máis. Preguntan por novos programas, por enderezos de páxinas web, por ese programa que usaron no obradoiro, etc… Polo que aquí vai un pequeno manual de instalación de programas varios para os que aínda seguides a usar Windows

Recordade, de forma xeral pódenos interesar instalar un novo programa cando queremos facer algo novo no ordenador e non temos o programa axeitado para facelo. Por exemplo, quero escribir unha carta pero non teño ningún programa que mo permita, entón instalo un programa para escribir textos, o cal se chama procesador de textos e algúns programas poderían ser o Microsoft Office Word, que vale pasta ou a súa versión libre o OpenOffice Writer, moito máis recomendable e que ademáis é gratis e é o que temos na aula de informática e que tamén funciona en Windows. E así teríamos que facer con programas para descargar pelis-música, programas para editar fotos (Picasa), programas para grabar cousas en CDs-DVDs, etc…

É dicir, unha vez que sabemos que quereremos facer algo pero non temos programa axeitado, o primeiro que temos que facer é averiguar o nome de algún programa que cumpra as miñas necesidades. E para isto, por suposto, buscamos no Google ou, como segundo recurso, preguntánmoslle a algún amigo “enteradillo”. Unha vez que xa sabemos cal é ese programa que quremos descargar so temos que ir á súa web e descargalo, no caso que sexa software libre ou de balde. Para ir á súa web é tan sinxelo como preguntarlle a Google (www.google.es), recorda que o sabe todo.

Instalar o programa é moi sinxelo. Só hai que ir seguindo as instruccións que nos van saíndo pola pantalla e dicirlle a todo que si. Se nos decantamos por descargalo de internet estas instruccións xa aparecen automáticamente xusto ao rematar a descarga e se o temos no escritorio ou en algunha outra carpeta basta con facer dobre click nel e comeza a instalación. Unha vez rematado a súa instalación só temos que buscar o programa que acabamos de instalar en Inicio -> Programas ou ás veces directamente no Escritorio.

Ben, pois unha vez explicado o fundamental, imos ver como podemos instalar algún que outro programiña.

Mozilla Firefox: a súa función é navegar por Internet, pero ten algunha que outra vantaxe fronte ao Internet Explorer que seguramente sexa o que tedes todos. Desde o meu punto de vista é mellor este que o Explorer e polo tanto, recoméndovos que vos cambiedes a este.Para descargalo vai a esta web: www.mozilla-europe.org e preme onde pon “Descarga gratuita”. Despois de premer aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos, dependendo da velocidade da conexión a internet. O proceso de descarga indícanolo na ventaniña pequena cunha barra que se vai enchendo. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación automáticamente, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos un icono no escritorio do Mozilla Firefox. Xa podemos empezar a navegar por Internet con el.

OpenOffice.org: a súa función é crear documentos de texto, presentacións de diapositivas e outras moitas funcións. É o que se chama un programa de ofimática ou para a oficiña. Este é un conxunto de varios programas, polo que despois de instalalo imos a poder facer varias cousas. Este é a alternativa libre e gratuita ao Microsoft Office (Word, Excel, PowerPoint e Access) que seguramente sexa o programa que xa moitos de vos teñades instalado.Para descargalo imos a esta web: es.openoffice.org e prememos en onde pon “Descargalo ahora”. Despois de premer aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos ou horas, dependendo da velocidade da conexión a internet. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos que buscalo en Inicio -> Programas. Xa podemos empezar a escribir documentos de texto ou facer presentacións.

Picasa: a súa función é organizar as fotos que temos no ordenador e facer retoques fotográficos sinxelos, como poden ser aumentar o brillo, pasar unha foto a branco e negro, quitar os ollos vermellos, etc… O seu funcionamento é moi sinxelo.Para descargalo imos a esta web: picasa.google.es e preme onde pon “Descargar ahora”. Despois de premer aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos, dependendo da velocidade da conexión a internet. O proceso de descarga indícanolo na ventaniña pequena cunha barra que se vai enchendo. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación automáticamente, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos un icono no escritorio do Picasa. Xa podemos ver as nosas fotos organizadiñas.

Google Earth: é un programa co cal se pode voar por todo o mundo e ver calquera cidade, país ou monumento a vista de paxaro ou, en ocasións, ata baixar ata a rúa e ir andando polas súas rúas. Nesta páxina: http://earth.google.es/tour.html podedes obter maís información sobre o programa.Para instalalo, o primeiro que  temos que facer é descargalo de internet, e neste caso, como é gratuito o único que temos que facer é ir a esta páxina: earth.google.es e premer en “Aceptar y descargar”. Despois de premer aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos, dependendo da velocidade da conexión a internet. O proceso de descarga indícanolo na ventaniña pequena cunha barra que se vai enchendo. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación automáticamente, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos un icono no escritorio do Google Earth. Xa podemos empezar a voar por todo o mundo con el.

eMule: a súa función é a de descargar todo tipo de arquivos de internet (música, películas, documentos, etc…). O seu funcionamento tamén é moi sinxelo, é moi parecido ao Google, é dicir, ábrelo escribes o que queres buscar, aparece unha lista, elixes e comeza a descarga. Pero a descarga pode que tarde ata un ou dous días dependendo de moitas cousas: a velocidade da conexión a internet, o tipo de arquivo ou a vontade do noso señor… é moi variable.Para descargalo imos a esta web: www.emule-project.net e preme onde pon “Descargar”, xusto debaixo de “Instalador 0.49a”. Despois de premer, tarda un bo pedazo e cambia de páxina, pero se tes paciencia, aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos, dependendo da velocidade da conexión a internet. O proceso de descarga indícanolo na ventaniña pequena cunha barra que se vai enchendo. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación automáticamente, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos un icono no escritorio do eMule, unha muliña moi linda. Xa podemos empezar a descargar pelis.Tamén hai outras alternativas a este programa como pode ser este que indican nesta web: Paso uno: enciende el ordenador.

Antivirus AVG: un antivirus é algo fundamental en calquera ordenador con Windows, é realmente importante que teñades un instalado e actulizado. Os antivirus, a meirande parte deles, valen diñeiro, pero tamén hai algún que outro gratuito, aínda que teñen algún inconvinte, que só está dispoñible en inglés. Aínda que a verdade é que tampouco é demasiado problema, unha vez instalado faino el soíño todo.Para instalalo imos a esta web: AVG Free Edition e xa debería de comezar a descarga automáticamente, é dicir, aparecerache unha ventaniña pequeniña. Se esto anterior non sucedera, vai a esta outra web http://free.grisoft.com/ww.download?prd=afe e preme onde pon exactamente: “Download AVG Free 8.0  (AVG server)”. Despois de premer aparecerache unha ventá pequeniña con tres opcións: “Ejecutar”, “Guardar” e “Cancelar”. Nos eleximos “Ejecutar” e comeza a descargalo de internet, o cal pode tardar varios minutos ou horas, dependendo da velocidade da conexión a internet. O proceso de descarga indícanolo na ventaniña pequena cunha barra que se vai enchendo. Unha vez rematada a descarga comeza o proceso de instalación automáticamente, que como che puxen antes, non é máis que dicirlle que sí a todo o que nos apareza. Unha vez rematado este proceso xa o temos instalado e teremos un icono pequeniño de catro cores abaixo á dereita, xusto ao lado da hora.Pero a primeira vez que executes o antivirus, terás que dicirlle que “Sí” a algunha que outra cousa máis, pero desta volta todo estará en inglés, é dicir, terás que ir premendo nos botóns que poñerán “Next” ata que na última ventá poñerá “Finish” ou “Exit”, non recordo ben, e a partir de aquí xa está todo feito, xa estás protexido contra virus.

E creo que pouco máis que dicir en canto a instalar programas. Agora non se me ocorre nada novo que dicirvos, quizais que tamén hai moita información de todo isto en internet, e como non podería ser doutra maneira, o noso amigo “Google” sabe de todo, só é cuestión de “preguntarlle”.

E pouco máis que dicir. Espero que vos sexan de utilidade e se tedes algunha dúbida, nos comentarios epero poder resolvervola.