galiciadinamiza.net » wimax

Dende San Sadurniño para o mundo
Cambiei de destino, iso sí, de forma temporal, ou eso me dixeron, e dende hai unha semaniña dinamizo neste pequeno e tranquilo pobo do norte galego. Din por aquí que se fai chamar a vila da tranquilidade, e dou fe delo. É un deses pobos nos que ás 12.00 da mañá non se move nin unha herba na praza do concello, que o ten todo concetrado ao seu redor: concello, casa da cultura, farmacia, bar, estanco, centro de saúde e falta a Caixa Galicia, que por raro que pareza, está un pouco máis afastada, pero estar está, non podería ser de ningunha outra forma nun pobo galeguiño.

Esta é a praza do concello, con concello e a casa da cultura ao fondo:

E esta é a fabulosa aula de informática, sete ordenadores, noviños e só con software libre, máis concretamente Ubuntu (sí, esta é unha das razóns pola que é fabulosa   ), e conexión á rede de redes vía Wimax, tecnoloxía punteira en San Sadurniño.

E xa que estamos, esta é a antena pola cal conseguimos conexión co mundo, unha antena receptora Wimax. Realmente, son dúas antenas, unha para a recepción da conexión Wimax e a outra é unha antena Wifi para que os veciños e veciñas se poidan conectar dende a praza do concello:

E unha vez presentado o lugar, agora presentovos o vindeiro obradoiro que imos desenvolver, que non podía ser outro que de iniciación. Máis concretamente, tres, de iniciación á informática, a internet e ao correo electrónico, así seguidiños, para que dea a sensación de máis contido. E non só iso, que para dar o mellor servizo aos veciños, será en tres turnos distintos a elexir polo/a interesado/a, de 11.00 a 13.00, de 16.00 a 18.00 ou de 19.00 a 21.00. E sí, con un gran éxito. Xa están as prazas requetecubertas, e cunha lista de espera próxima ás 20 persoas.

A vindeira semana, información puntual do desenvolvemento de dito obradoiro. Pasarei lista…