Twitteando a Rede de Dinamización

11 Febreiro 2008 20:16 por vic

TwitterQue si, que son un pesado, pero sigo a darlle voltas á creación dunha conta de twitter por cada un de nós para facer un pouco deso que lle chaman rede e estar un pouco en contacto.

Ben, para empezar, vou a comezar por explicar o que é o twitter. Según a Wikipedia:

Twitter é un servicio de MicroBlogging que permite aos seus usuarios enviar mensaxes de só texto, con unha lonxitude máxima de 140 caracteres. Estas mensaxes poden ser enviadas vía SMS, mensaxería instantánea, ou o que é máis frecuente, a través do sitio web de twitter.

E para entendernos, twitter é unha forma de estar en contacto cos teus amigos, coñecidos ou dinamizadores/as da Rede de Dinamización. Naceu coa simple idea de contestar á pregunta Que estás facendo? Cada usuario ten a súa web persoal na que periódicamente pon o que está a facer. E de forma práctica, algúns exemplos poden ser: “Comezando o obradoiro de iniciación á informática”, “Rematado o día, marcho para a casiña…”, “Vaia coñazo de día, estou ata as orellas”, etc E para entendelo ben, o mellor de todo é velo en funcionamento, aquí podes ver o noso twitter en Sada.

Como verás, no twitter hai un listado das últimas entradas que nós escribimos, xa estás enterado do que fixemos, ou vai ti a saber, o quixemos poñer… Pero esto non remata aquí, o que realmente o fai útil é que podes seguir a outros usuarios, os que ti queiras, e seguir as súas actualizacións. Engadir contactos á túa lista é moi sinxelo, visitas o twitter da persoa que queres seguir estando identificado coa túa conta de twitter e fas click no botón Follow (seguir) que está xusto debaixo do seu nome. A medida que vas engadindo contactos as súas actualizacións van aparecendo na túa páxina de inicio do twitter en orde cronolóxica inversa…

E xa está. Así de sinxelo. Xa estamos todos conectados, fomentando as novas tecnoloxías, subidos á web 2.0, twitteando a Rede de Dinamización… Pareceche boa idea? Vas crear o teu? Vas seguir as nosas actualizacións? Se tes dúbidas, exponas aquí e tentarei axudarche.

Sígovos polo twitter ;)

O teu comentario