Fágovos unha proposta a todas e todos as/os dinamizadoras/es.
Creo que sería unha fantástica idea que todos creemos o noso propio twitter e así estar todos informados do que facemos todos. Ademáis de ser un exemplo de utilización das novas tecnoloxías. Incluso desde coordinación poderían crear o seu propio twitter e estar ao tanto do que nós facemos e nós ao tanto do que eles fan.
Ben certo que isto non sería nada oficial, nin moito menos, senón, unha maneira informal de estar conectados.
Para os que non saibades o que é o twitter. En poucas palabras poderíase resumir coma un sistema de microblogging que permite aos usuarios publicar mensaxes de sólo texto que se van almacenando cronolóxicamente no noso nome de usuario.
Aquí máis info:
http://es.wikipedia.org/wiki/TwitterOu mellor aínda, véndoo enténdese mellor o seu funcionamento. Este é o noso twitter en Sada:
http://twitter.com/dinamizasadaE para crealo só tedes que ir á web do twitter:
http://twitter.com/ e darvos de alta como en calquera outro servicio.
Invítovos a que nos sigades e a que creedes o voso para que vos poida seguir. Para seguirnos, simplemente, rexistrádevos, visitade o noso perfil estando identificados e premede no botón Follow (seguir) e comezaredes a recibir no voso twitter as nosas actualizacións.
Se alguén se anima a crealo que nos siga ou que publique aquí o seu twitter para que o poidamos seguir

Que vos parece?
Se alguén ten algunha dúbida con esto do twitter que o comente aquí e intentarei botar unha man no que poida...