Portada

De Wiki galiciadinamiza.net

Wiki para compartir coñecemento, documentos, obradoiros, guías e demais material para a dinamización tecnolóxica. Se xa estás familiarizado co funcionamento dun wiki, bótalle unha ollada aos artigos que xa temos creados, se pola contra, é nunca utilizache un wiki e queres saber como usalo e contribuír segue a ler.

Tabla de contenidos

Cambios recentes

25/03/2008 - Incluída sección de cambios recentes.

Que é un wiki?

É un espacio colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo e permite que o contido non teña que ser revisado antes da súa publicación. O meirande Wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.

Para que podemos usar o wiki?

O wiki pretende ser un espazo de colaboración para todos os dinamizadores e dinamizadoras da Sociedade da Información. Para que todos poidamos compartir os obradoiros que nós realizamos colgándoos no wiki á disposición de todo o mundo e abertos á colaboración de quen queira aumentar o seu contido. Se todos compartimos o traballo que nos leva desenvolver os obradoiros que impartimos, pouco a pouco iremos creando unha gran biblioteca de obradoiros mellorada diariamente e dispoñible á calquera que o precise. Esto pouco a pouco fará o noso traballo máis sinxelo, e por que non, é un espacio en galego para todos aqueles que queiran indagar nos obradoiros.

Empezando

Todas as páxinas do wiki poden ser modificadas por calquera de nós, incluso esta. É moi sinxelo. Para editar unha páxina so tes que premer no botón editar que está arriba en todos os artigos, unha vez dentro verás que xa che aparece un cadro de texto para empezar a contribuír. Gardas a páxina e listo, xa queda modificado e dispoñible para todos os visitantes.

Se non estás familiarizado con un wiki pódeslle botar un ollo á axuda da galipedia ou a axuda da Wikipedia en castelán. Alí encontrarás todo o necesario para familiarizarte e en uns minutos xa poderás empezar a edición das túas propias webs.

Podes seguir esta orde:

  1. Sintaxis de edición na Wikipedia: como poñer negriña, subliñado, tamaños do texto...
  2. Como editar unha páxina.

E agora que xa estás listo, podes comezar botándolle un ollo aos artigos que xa temos creados e se o cres convinte melloralos ou podes crear dende cero o teu propio artigo.

Crear un artigo novo

Se queres crear un novo é moi sinxelo. Só tes que escribir no cadro de búsqueda que está á esquerda da pantalla o título do artigo que queres redactar e darlle a ir. Como aínda non hai ningún artigo con ese título, no resultado xa che aparece unha ligazón en vermello que ao premer te leva á páxina de edición do teu novo artigo.

Índice de artigos

Desde este apartado especial, pódense ver todos os artigos creados en tempo real: artigos que xa temos creados

Ou tamén podes optar por este listado manual dos artigos xa creados.

Nota: Os artigos e obradoiros están en continuo desenvolvemento, sempre son mellorables. Polo tanto, pode que haxa algún artigo ou obradoiro sen rematar. Calquera pode contribuir e mellorar o seu contido.

Herramientas personales